O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Óscar Vilar Chento, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta o desbloqueo do proceso de concentración parcelaria da parroquia de Gonzar, no Concello de O Pino, iniciado no ano 2000, coas súas bases publicadas dende 2009 pero paralizado dende entón. Tamén reclama o inicio do proceso nas parroquias de Arca e Pereira.
A concentración parcelaria da zona coñecida como Gonzar II, no dito Concello, afecta a 900 hectáreas na parroquia do mesmo nome que contan cun total de 7.853 parcelas. A situación do proceso, paralizado dende que en 2009 foran aprobadas e publicadas as bases definitivas, impídelle aos propietarios e propietarias explotar de maneira eficiente os seus recursos forestais.
Sinala que este retraso está a provocar “unha considerable diminución da capacidade produtiva da terra”, xa que a dificultade de acceso aos predios “entorpece e mesmo imposibilita o tránsito da maquinaria, deixando moitas finas en estado de abandono, que deriva á súa vez no aumento da biomasa forestal e do conseguinte risco de incendios”.