Os datos da última Enquisa de Poboación Activa, confirman as advertencias do candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.
Ferrol, 26 de xaneiro de 2024.- “Os últimos datos da EPA confirman o que os socialistas galegos levamos dicindo durante toda a precampaña. Mentres España mostra uns datos que confirman o seu crecemento en todos os índices do mercado laboral, os datos de ocupación galega confirman que a nosa terra está estancada”, valorou José Ramón Gómez Besteiro, candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia.
Besteiro apuntou que “na industria os datos aínda son peores en comparación con España, porque perdemos o dobre de traballadores, un 16% menos, reflexo da nula política industrial que tivo a Xunta de Galicia do Partido Popular nestes quince anos”.
“Os datos din que é necesario cambiar o rumbo do país para incorporarnos na senda do crecemento e expansión económica que está a experimentar o resto de España. Chegou o momento de dicirlle si o progreso, si o crecemento, si ao futuro” afirmou o candidato á Xunta dos socialistas galegos