O Grupo Socialista vén de presentar, conxuntamente co resto dos grupos da oposición, a solicitude de comparecencia urxente da conselleira de Política Social en Comisión parlamentaria para dar conta da intoxicación de bebés en a lo menos nove escolas infantís pertencentes á Galiña Azul, xestionadas pola Xunta de Galicia.
A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco reclama inspeccións urxentes en tódolos centros afectados polas reaccións detectadas en bebés tras consumir o menú escolar, así como na empresa encargada de xestionar as compras e nos seus provedores. Esixe que estas inspeccións deriven nun informe oficial avaliando tanto posibles sancións como o risco de que os feitos poidan volver a repetirse, e un cronograma e orzamento para tomar medidas preventivas.
Blanco impulsou a solicitude de comparecencia e anuncia unha batería de iniciativas parlamentarias logo de coñecer de reacción en bebés tras consumir o menú escolar en a lo menos nove escolas infantís xestionadas pola Xunta de Galicia nos concellos de A Coruña, Fene, Arteixo, Muros, Mazaricos, Boiro, Choupana e Hío.
Polo momento non se determinou o número exacto de bebés afectados nin o goberno galego descarta que poida haber máis centros afectados, e segundo afirmou o propio presidente da Xunta todo apunta a que a causa sexa o peixe servido na comida. Aínda que a comida elabórase nos propios centros, unha mesma empresa encárgase de xestionar o persoal e as compras en todos eles.
A parlamentaria socialista sinala que as escolas infantís dependentes da administración pública “non só teñen que alimentar correctamente aos máis pequenos e pequenas tendo en conta as distintas necesidades, senón que deben garantir a seguridade alimentaria e favorecer as condicións que permitan a adquisición progresiva duns hábitos alimenticios saudables e unha boa relación coa comida”.