Culleredo (A Coruña), 1975
Licenciado en Dereito pola Universidade de A Coruña e máster Superior de Prevención de Riscos Laborais, traballa como avogado dende o ano 2001. Tamén exerce como docente en diversas institucións e entidades.
De 2003 a 2007 foi concelleiro de Orzamentos en Culleredo e na actualidade é tenente alcalde de Urbanismo.