Xinzo de Limia (Ourense), 1965
Deputada por Lugo da XIII e XIV Lexislatura no Congreso. Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, chegou a ser presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo. Ocupou a tenencia da alcaldía no Concello de Lugo, ademais da concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico.