Ferrol, 1977
Economista con masters en Técnicas Estatísticas e en Xestión e Políticas Públicas, e experto en Xestión de Servizos de Saúde, a súa traxectoria profesional inclúe asesoramento e xestión de pemes, experiencias de xestión sanitaria no eido público e docencia tanto universitaria coma no ensino secundario.
Dende 2015 é concelleiro en Ferrol, onde desenvolveu responsabilidades de goberno no ámbito do Deporte, as Novas Tecnoloxías, o Turismo e os Recursos Humanos.