O Partido dos Socialistas de Galicia quere expresar a súa profunda dor polo pasamento de Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo e compañeira exemplar.
Paula non só foi unha gran alcaldesa, sempre comprometida cos problemas da cidadanía e co avance da cidade, senón tamén unha militante moi traballadora, unha persoa próxima, leal e disposta a sumar en todo momento.
A súa perda é dura, inxusta e inesperada. Pero a súa pegada quedará en Lugo e no noso partido. Desde o PSdeG atoparemos a mellor maneira de honrar a súa memoria: traballando con responsabilidade e compromiso pola cidade que tanto amou.
O noso cariño e forza para a súa familia, amizades e para toda a veciñanza de Lugo.