O líder dos socialistas sinala que as contas da Xunta “poden ser os que lle gusten a Alfonso Rueda, pero non son os que Galicia necesita porque “desaproveitan as oportunidades de desenvolvemento do resto do Estado”
Sinala que “tiveron que pasar dous presidente da Xunta e case catro lexislaturas para que haxa un Orzamento parecido ao que deixou o último goberno do socialista Emilio Pérez Touriño en materia de vivenda
O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Ramón Gómez Besteiro, tildou hoxe de “profundamente decepcionantes” os Orzamentos da Xunta para o ano 2025. Así o dixo antes de participar en Caldas de Reis nun acto para celebrar os 45 anos de goberno do PSdeG en Caldas de Reis xunto cos dous presidentes socialistas da Xunta, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño, e os tres alcaldes do concello.
O líder dos socialistas galegos advertiu que as contas ofrecen “máis débeda, pero financiamento para os galegos e galegas e déficits nos servizos fundamentais e básicos, como son a vivenda, a sanidade e a educación”. Explicou que estas contas confirman que “seguimos medrando menos que o resto de España” e que “non van ser o medio que Galicia necesita para catalizar e aproveitar as oportunidades de desenvolvemento que se están a vivir no resto do Estado”.
Advertiu que “poden ser os Orzamentos que lle gusten e lle interesen a Alfonso Rueda, pero desde logo que non son os que Galicia necesita neste momento”, por canto, citou como exemplo, na sanidade pública “non medramos na Atención Primaria e Hospitalaria o que deberiamos” para paliar a caída de servizos en Galicia.
No caso da vivenda, dixo, “tiveron que pasar dous presidentes da Xunta e case catro lexislaturas para que haxa un Orzamento parecido ao que deixou o último goberno do socialista Emilio Pérez Touriño en materia de vivenda”. Apuntou que nas contas para o próximo ano o goberno galego teña decidido reducir o programa de Fomento da rehabilitación e da calidade da vivenda para o próximo ano.
Gómez Besteiro sinalou ademais que a débeda continúa a medrar e supera o 10 por cento do Orzamento, a pesar do cal “Alfonso Rueda non quere que llela condonen nin que se baixe, porque parece que se baixe, porque -ironizou- parece que vamos sobrados de ingresos e investimentos”.
Financiamento local
Apuntou finalmente que o financiamento local “volve ser o gran prexudicado” nas contas do goberno galego para o próximo ano, obrigando aos galegos e galegas a asumir o incremento da factura do lixo por decisión do goberno galego, así como partidas como o Servizo de Axuda no Fogar, ou os gastos en consumo de auga. Resumiu que “tódolos servizos que pagamos vanse ver incrementados por partidas que non contemplan o financiamento necesario”.