O secretario xeral do PSdeG chamou durante un almorzo informativo en Ferrol a simplificar os procedementos para a instalación de proxectos e a aproveitar os novos desenvolvementos para a reindustrialización da comunidade
Lembrou que a decisión de Feijoo de anular o concurso eólico do Goberno de Touriño acabou provocando que os galegos e as galegas tivesen que pagarlles máis de 200 millóns ás empresas que gañaron as demandas
Invitou tamén a “romper os mantras e os enganos”, como o dunha tarifa enerxética galega ou “ese proxecto de comercializadora, que vendían como enerxía barata para todos, e despois matizaron: só para zonas próximas aos proxectos e empresas”
O líder dos socialistas galegos reclamoulle de novo á Xunta o impulso ao hub da eólica mariña na cidade naval e situou a presentación dos Orzamentos o vindeiro sábado como un bo momento para “comprobar o compromiso do Goberno galego”
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe en Ferrol a aproveitar o potencial de Galicia no campo das renovables. “Podemos ser a principal potencia de xeración de enerxía do Estado”, sinalou durante un encontro cos medios no Parador da cidade no que lamentou o parón que experimentou especialmente a eólica durante os 15 anos de gobernos do PP na Xunta.
Sobre esa época, lembrou que a decisión de Feijoo de anular o concurso eólico do Goberno de Emilio Pérez Touriño cando chegou á Xunta provocou que os galegos e as galegas cabasen pagaándolles máis de 200 millóns de euros ás empresas que demandaron ante a Xustiza. Ademais esa medida supuxo a perda de 5.000 millóns en investimentos e a creación de centos de postos de traballo.
O que avanzou Rueda sobre a súa intención de actualizar o plan eólico tras anos de “parálise” por mor da cancelación do concurso promovido polo Goberno de Touriño “non pode quedar só nun anuncio”, dixo Besteiro. Así esixiu que se aproveite un momento “clave” para apostar por un modelo planificado, adaptado á nova directiva europea de renovables, que ofreza beneficio directo á cidadanía e ás comunidades locais e simplifique a tramitación dos proxectos.
Reclamou tamén impular os proxectos de enerxías renovables que inflúan na reindustrialización, porque a axenda dos vindeiros anos “vai vir marcada precisamente pola reindustrialización e a competitividade”.
O líder socialista sinalou a diferencia do modelo do PSdeG co do PP, especialmente na participación pública. “Rueda anunciou unha sociedade mixta, e iso é a mellor mostra de que o PP non cre no efecto do público nin na enerxía nin nos procesos industrais”, asegurou. Fonte a iso, defendeu que “todo se pode facer dende o público”, aínda que haxa cabida para o sector privado, “pero dende unha posición societaria 100 % pública, que interveña en algo ineludible, no beneficio directo para a cidadanía e as comuidades locais”, insistiu.
Invitou tamén a “romper os mantras e os enganos” como o dunha tarifa enerxética galega ou a enerxía barata para todos os galegos e as galegas. “Vémolo nese proxecto de comercializadora, que vendían como enerxía barata para todos, e despois matizaron: só para zonas próximas aos proxectos e empresas”. “A única fórmula foi a excepción ibérica, porque o mercado non é local”, explicou.
Por ese motivo, o mellor xeito de trasladar os beneficios das renovables á cidadanía é “vinculando os desenvolvementos a proxectos industriais”. Así, sinalou que na puntuación dos proxectos de eólica mariña “tamén se van potenciar os efectos locais”.
José Ramón Gómez Besteiro botou a vista atrás para rexeitar o adiamento dos proxectos. “Non podemos ir agora a unha nova moratoria. Xa a tivemos, a do PP, e Galicia perdeu oportunidades económicas e de desenvolvemento e proxectos industrais”. Pola contra, o que sí é imprescindible é “aclarar á cidadanía o que din os estudos científicos”.
Por ese motivo, os socialistas xa solicitaron en Europa que se centralice “toda a información sobre todas as experiencias” de eólica mariña que se acumulan non continente, para facela pública. “Deámoslles difusión a eses coñecementos científicos”, insistiu fronte a quen rexeita de partida a posta en marcha de parques eólicos mariños, sen afondar na análise científica. “Se se comproba que poden existir prexuízos, hai que reparalos, pero fixar moratorias sobre algo que non está contrastado cientificamente parece unha torpeza, e máis cando o Supremo validou os plans de ordenación da eólica mariña á vista dos informes científicos”, zanxou.
O secretario xeral socialista referiuse ao papel que debe xogar Ferrol no futuro da eólica mariña, como un “referente”, e para iso é necesario que a se instale na cidade o hub que os socialistas veñen demandando. Por iso, situou a presentación dos Orzamentos autonómicos, o vindeiro sábado, como un bo momento para comprobar o compromiso da Xunta con ese proxecto.
Nese senso, o secretario de Transición Enerxética e Planificación Industrial do PSdeG, Ángel Mato, que acompañou a Besteiro durante o almorzo informativo xunto coa deputada Patricia Iglesias, portavoz de Industria no Parlamento galego, esixiu “unha aposta moi decidida polo sector”. “Cando falamos de hub de investigación arredor da eólica mariña e o almacenamento, falamos non só de fabricar compoñentes, senón de xerar valor engadido, tecnoloxía propia, oportunidades para as pequenas empresas e retención de talento con traballos cualificados”, explicou.
Iglesias sinalou, pola súa parte, que a Xunta ten sen executar a meirande parte dos 111 millóns dos fondos de transición xusta, “parados dende hai máis de dous anos”. Uns fondos que encaixan co hub.