O líder dos socialistas galegos censura ao PP “máis antigalego da historia” por negarse a habilitar o uso da lingua na cámara territorial
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou o voto en contra do PP á integración do uso do galego no Senado, que cualificou como un “ataque directo” contra a lingua. O responsable socialista lamenta que este partido se teña revelado como “o máis antigalego da historia” por votar sistematicamente en contra do uso das linguas cooficiais no congreso e no Senado.
Apunta que o rexeitamento deste partido a universalizar o uso do galego e doutras linguas cooficiais no senado vai “contra os nosos dereitos”, e alertou de que “non podemos permitir que sigan dándolle as costas á nosa cultura e á nosa identidade”. Gómez Besteiro chamou a “loitar xuntos por un galego con tódolos dereitos que merece”.
Besteiro lamentou o “papelón” do PP, que cando di defender á lingua en Galicia, “quita a careta en canto pasan do Padornelo” e continúan negándose a normalizar o uso das linguas cooficiais nas dúas cámaras, como fixeron cando el mesmo foi o primeiro deputado en defender a proposta de reformad o Regulamento que daba vía libre ao uso do galego, euskera e catalán no Congreso malia á oposición dos de Feijoó e Rueda o 19 de setembro de 2023.