A deputada Patricia Iglesias sinalou ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como o exemplo máis evidente do desinterese do Goberno de Rueda polos colectivos máis vulnerables. “Estamos a falar dun servizo fundamental para milleiros de galegos en situación de dependencia que se está a afundir pola falta de recursos
A deputada de Calidade Democrática e Transparencia, Patricia Iglesias, calificou hoxe de “neglixente e irresponsable” a xestión do Goberno galego na financiación dos servizos sociais nos concellos. Iglesias acusou ao Executivo de Alfonso Rueda de “someter aos concellos galegos a un estrangulamento financeiro deliberado” que pon en risco a viabilidade de servizos esenciais como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
“O Partido Popular está a xogar coa calidade de vida dos galegos e galegas, mentres se empeña en desviar recursos para favorecer os intereses dunha minoría”, explicou Iglesias, quen destacou que o aumento anunciado polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, de apenas 5 ou 6 millóns de euros para o próximo ano, “é un insulto aos alcaldes e ás alcaldesas que están loitando cada día para manter á flote os servizos máis básicos”.
Iglesias sinalou ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como o exemplo máis evidente do desinterese do Goberno de Rueda polos colectivos máis vulnerables. “Estamos a falar dun servizo fundamental para milleiros de galegos en situación de dependencia que se está a afundir pola falta de recursos. E que fai o Goberno galego? Promete migallas que non abordan o problema real”, afirmou a deputada socialista. Iglesias esixiu unha resposta inmediata e contundente por parte do Executivo autonómico, advertindo que “os concellos non poden seguir sendo os únicos que cargan coa responsabilidade de soster este servizo sen un apoio financeiro suficiente”.
A parlamentaria socialista explicou que, mentres o Goberno central incrementa de forma significativa as transferencias aos concellos, a Xunta mantén unha política de “recortes encubertos” que pon en perigo a prestación de servizos fundamentais como o SAF ou a limpeza de centros educativos e sanitarios. “Estamos ante un Goberno que prioriza os beneficios fiscais para os máis ricos, mentres afoga aos concellos e deixa á cidadanía sen os servizos que necesita”, enfatizou.
Patricia Iglesias lanzou un chamamento á responsabilidade do Goberno galego, instando a Alfonso Rueda e ao seu equipo a “abandonar a súa política de recortes” e a sentarse a dialogar con urxencia cos representantes municipais. “O PSdeG non permitirá que se siga a maltratar aos concellos galegos. Exiximos un cambio de rumbo inmediato para garantir un financiamento xusto, equitativo e acorde ás necesidades reais dos nosos municipios”, afirmou.