O secretario xeral do PSdeG e o candidato socialista a renovar o seu escano no Europarlamento valoraron a importancia das axudas procedentes da UE para o desenvolvemento sostible do sector na comunidade autónoma
A compañía viguesa recibiu 4,5 millóns de euros do Perte de Aeronáutica impulsado polo Plan de Recuperación, o que equivale ao 59 % dos fondos destinados a proxectos estratéxicos dese sector en Galicia
Santiago, 6 de xuño. Durante unha visita á empresa Delta Vigo, que recibiu 4,5 millóns de euros do Perte de Aeronáutica impulsado polos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral dos socialistas galegos, e Nicolás González Casares, candidato a Eurodeputado, realizaron declaracións destacando a importancia destas axudas europeas para o desenvolvemento tecnolóxico e sostible do sector aeroespacial en Galicia.
Nicolás González Casares salientou o papel fundamental de Delta Vigo no sector “porque demostra que estamos a apostar por unha transición ecolóxica tamén no sector aeronáutico, xa que, entre outros proxectos, a empresa está a facer pezas para avións para que estes consuman menos enerxía”. Casares destacou a importancia desta empresa “clave e tractora para o sector aeronáutico galego” e o modelo de crecemento no que se sustenta, sen esquencer as súas raíces galegas.
Sen dúbida, dixo, os fondos de recuperación “tiñan que vir a esta empresa” porque é dinamizadora de todo o sector. Este é “un exemplo máis de como os fondos chegan e chegaron a Galicia e a nosa economía, sobre todo reindustrializando o noso país con alta tecnoloxía, pensando no futuro e sen deixar de avanzar”.
O candidato á Eurocámara insistiu en que os fondos europeos do Plan de Recuperación están expostos para avanzar: “Os socialistas queremos máis Europa e avanzar, mentres outros queren o contrario. Nós non imos permitir un retroceso nos dereitos e liberdades que queren algúns partidos que tampouco cren na innovación porque son negacionistas da ciencia”.
José Ramón Gómez Besteiro, pola súa banda, destacou o feito de que os fondos europeos permitan “que unha empresa galega impulse a innovación tecnolóxica e sostible do sector aeroespacial”. Lembrou que só o Partido Socialista votou desde ou principio a favor destes fondos: “Iso é defender Galicia”.
Ademais, destacou como as axudas comunitárias impulsadas polo presidente Sánchez contribúen ao crecemento intelixente e á cohesión social e territorial. En Delta, sinalou, súmase todo iso. Ademáis, e cando só faltan uns días para as eleccións europeas, o líder dos socialistas galegos apostou por unha Europa unida que quere crecer máis e a quen se lle pode “deixar o mando desa Europa” é “aos que cremos en Europa”.
Besteiro, que tivo a oportunidade de coñecer todos os proxectos do grupo vigués que contan con fondos europeos, dixo: “Esta empresa, de 75 anos de historia, é un exemplo do que buscamos os socialistas. Rexeitamos esa Europa triste, negra, unha Europa de división que nos faría retroceder décadas a apostamos polo crecemento sustentable e verde”.
Delta Vigo, unha empresa familiar que evolucionou desde un pequeno taller en Vigo que atendía a estaleiros e conserveiras ata converterse nun líder en innovación tecnolóxica no sector aeroespacial, foi beneficiaria de varios proxectos subvencionados con fondos europeos. Entre eles:
A participación de Delta Vigo nestes proxectos subliña a súa capacidade para liderar a innovación na industria aeroespacial e de manufactura, contribuíndo ao desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas e sostibles. Estes esforzos non só fortalecen a industria, senón que tamén impulsan a España como un líder en innovación e desenvolvemento tecnolóxico en Europa. Os proxectos europeos son un claro exemplo do potencial español para ser pioneiro en solucións avanzadas e sostibles para o futuro, e evidencian a necesidade destes fondos para seguir mantendo esa posición de liderado.
Na visita á empresa, Gómez Besteiro e González Casares, que estiveron acompañados polo alcalde de Nigrán, Juan Antonio González, e a deputada autonómica Elena Espinosa, percorreron as instalacións xunto ao seu presidente, Francisco Puga González.