O candidato socialista á Presidencia da Xunta chama á mobilización para o cambio no goberno e que “Galicia teña máis empregos, mellores salarios, máis dereitos e máis ambición de país”
Fixo un chamamento especial ao voto das mulleres para frear á dereita e á ultradereita
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, asumiu hoxe o “compromiso irrenunciable” de facer gratuítas as peaxes das autovías AP-9 e AP-53. Así o adiantou no debate electoral celebrado está noite na CRTVG, no que detallou as propostas socialistas para unha Galicia con “máis empregos, mellores salarios, máis dereitos e máis ambición de país”.
Gómez Besteiro animou á participación nas eleccións do 18-F escollendo a papeleta do Partido Socialista, a única que “garante o cambio e o goberno”, cun especial chamamento ás mulleres para impulsar un goberno liderado polo PSdeG igual que nos comicios municipais e xerais do pasado ano.
O candidato socialista propuxo “ampliar o noso mapa de infraestruturas” asumindo a totalidade da subvención das peaxes da AP-9 logo de que o Partido Socialista rebaixara o 50 por cento, que este ano aumentará ao 75 por cento. Unha bonificación total que ampliará Besteiro á autovía AP-53. Dixo que “comigo as peaxes vanse acabar”, amosando o ticket da peaxe como mostra.
Anunciou “máis emprego” incrementando o peso do sector industrial do 16 ao 20 por cento para chegar á media estatal, o que suporá 40.000 empregos de calidade, logo de ter acadado máis investimentos para Galicia en 3 meses que o PP en 15 anos en referencia ás xestións para o novo buque de Navantia, o subministro da moi alta tensión de Stellantis e as subvencións das peaxes da AP-9, e subliñou que “somos o partido que trae as inversións para Galicia e que vai seguir traendo” como mostra do “galeguismo útil”.
Apuntou que “somos os únicos que temos un plan enerxético de enerxías renovables” que prime a zonificación, a repotenciación dos parques xa existentes e o reparto de beneficios entre os veciños e veciñas das comunidades locais. Comparou ademais a suba das pensións aos 700.000 pensionistas galegos co voto en contra a esta medida por parte do PP no Congreso.
Tamén presentou un proxecto para ampliar os dereitos da cidadanía aos servizos públicos logo de 15 anos de recortes e privatizacións por parte do PP, partindo dun plan de choque para relanzar a sanidade pública da man do socialismo que “creou o sistema sanitario”.
Reivindicou a proposta de atención sanitaria no médico de cabeceira nun prazo de 48 horas, que hoxe completou co reforzo da Pediatría, a contratación de especialistas en saúde mental, centros de saúde abetos ao cen por cen, o “fin da lista de espera para a lista de espera”. Ademais, defendeu unhas condicións laborais dignas para os profesionais do sistema sanitario galego.
O candidato socialista comprometeuse a reforzar o sistema sanitario logo de constatar que o Sergas da cita de atención primaria “para dentro de 15 días”, e alertou de que unha espera de 2 meses para unha proba diagnóstica “é a diferencia entre morrer ou vivir, a ansiedade de non saber o que ten un”.
Gómez Besteiro propuxo tamén crear unha rede de residencias a prezos asequibles para as familias e coa xente vivindo no seu entorno “como as residencias da Deputación de Lugo, que son públicas”, malia que este servizo é competencia da Xunta, pero é a administración provincial quen “ten que facer o seu traballo” diante do desleixo do goberno galego.
O responsable socialista comprometeuse ademais a recuperar a gratuidade nos libros de texto do ensino regulado e garantiu matrícula gratuíta na primeira matrícula da Universidade e no máster de Grao. Ademais, comprometeuse a impulsar un parque de vivenda pública asequible e “o suficientemente amplo como para garantir que a mocidade non teña que destinar máis do 30 por cento do seu salario a pagara a súa casa”.
Reclamoulle “coherencia” ao candidato do PP, que logo de manifestarse en contra da lingua galega en 2009 agora a emprega nos lemas e actos electorais. Criticou que “se avergoñen” de falar galego logo de que Feijóo votara en contra do uso da lingua nas institucións mentres Rueda “lle aplaude”.
Advertiu que aos galegos e galegas “sáenos moi caro as pelexas da Xunta con todo o mundo, cos concellos, co goberno do Estado e con nós mesmos”. Puxo como exemplo a crise dos pélets, na que o goberno galego criticou ao Estado e responsabilizou aos concellos da limpeza das praias, o que amosa que “están en contra dos concellos, asignándolle competencias” que non lles corresponden.
Acusou ao candidato do PP de “disfrazarnos a realidade” e quitoulle “a careta” presentando como conclusión de 15 anos de goberno a perda de 100.000 habitantes en toda Galicia, “como se desaparecera Santiago” ao tempo que España gañaba 1 millón de persoas. En canto á ocupación, Galicia perdeu o equivalente á poboación de Ferrol, mentres España gañaba un millón de ocupados, e todo iso mentres multiplicaban a débeda por un 2,5.