Leticia Gallego reclama medidas eficaces e o reforzo dos profesionais en ciberseguridade fronte á multiplicación deste tipo de delitos
A Comisión de Industria do Parlamento aprobou hoxe unha proposta do Grupo Socialista para pedirlle ao goberno galego que protexa ás Pemes galegas, pequenos concellos e á cidadanía en xeral fronte á multiplicación da ciberdelincuencia. A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, presentou esta iniciativa para pedirlle á Xunta que cumpra co acordo unánime aprobado no Parlamento en febreiro do ano pasado neste mesmo sentido.
Gallego alertou do crecemento dos delitos asociados ás novas tecnoloxías, a un ritmo dez veces superior a outras delincuencia, multiplicándose ano a ano, ata o punto de que en 2022 duplicaron os rexistrados en 2019. Advertiu que no primeiro semestre do ano pasado denunciáronse 12.000 casos en toda Galicia, 66 ao día, sen ter en conta que segundo alerta o Fiscal Superior de Galicia, só se denuncia o 10 por cento dos delitos.
Sinalou que un dos principais retos da ciberseguridade é “chegar á cidadanía, ao tecido empresarial e aos pequenos concellos, e cubrir a falla de profesionais e técnicos con experiencia que padece o sector”. Dixo que a formación dos traballadores supón un reto pola falla dun perfil profesional específico, que acentúa a vulnerabilidade das pequenas empresas, moi numerosas en Galicia.
Engadiu que a formación da cidadanía en xeral “é outro reto maior, porque se trata dun problema que temos como sociedade”, e reclamou poñer “tódolos medios posibles para que o seu impacto na cidadanía sexa o menor posible”. A formación “ten que estenderse a toda a sociedade” como medida básica de protección fronte a un problema global e que merece unha resposta eficaz e urxente.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta a: