O delegado do goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou Valga este martes para respaldar á candidata socialista á alcaldía de Valga.
Besteiro reuniuse co equipo do PSOE de Valga na mina Porto Piñeiro que recibirá do Goberno de España, a través dos fondos europeos Next Generation, 600.000 € para a rexeneración e posta en valor da propia mina e do seu entorno.
A alcaldable socialista e actual concelleira na corporación municipal presentou tamén as súas propostas de transformación urbana. María Ferreirós insistiu que o partido socialista presenta proxectos e chama a todas as portas precisas para conseguir os compromisos e obxectivos para Valga.
O delegado e a alcaldable partillaron sobre as oportunidades que se abren para levar a cabo estes proxectos a través dos fondos europeos Next Generation, o cal sería unha oportunidade única para darlle a Valga uns espazos públicos humanizados e de calidade.
María Ferreirós explicou as intervencións nos diferentes espazos públicos de Valga, centrándose nos entornos dos colexios (CEIP, Gardería e IES) e os centros urbanos de Valga e de Ferreirós e creando espazos públicos centrados nas persoas. As intervencións reorganizan o tráfico e o aparcamento ao tempo que se amplían as beirarrúas con espazos máis cómodos para as persoas. Conéctase o centro urbano de Valga co Centro de Saúde cun itinerario peonil e de carrís bici. Desarroianse espazos de estar e ocio entorno ao CEIP e IES.