Máis de medio centenar de inscritos dos socialistas galegos nunha delegación que encabezarán o secretario xeral, Valentín Formoso, e o secretario de organización, José Manuel Lage
Abel Caballero presidirá a comisión sobre Municipios Sociales, Solidarios e Saudables, unha das catro que haberá no foro, e Inés Rey intervirá nun dos dous espazos de diálogo, sobre Muller e Poder Local
14 de abril de 2023. O PSdeG participa cunha ampla representación na Conferencia Municipalista do PSOE que se celebra este venres, sábado e domingo, en Valencia, onde amosará a fortaleza da formación de cara ás eleccións do 28 de maio.
Socialistas de todas partes de España danse cita este fin de semana do 14, 15 e 16 de abril na cidade de Valencia para celebrar un acto de forte carácter municipalista buscando encarar con forza o proceso electoral do 28M, onde buscan revalidar os grandes resultados que tivo o PSOE no 2019.
Os socialistas galegos contarán con máis de medio centenar de representantes, encabezados polo seu secretario xeral, Valentín González Formoso, que acudirá o domingo para a presentación das conclusións das Ponencias, Presentación do Programa Marco Municipal e ao Acto de Clausura do mesmo, no que falará Pedro Sánchez. Tamén, o secretario de organización e responsable da campaña en Galicia, José Manuel Lage, estará presente ao fronte da delegación galega.
Cabe destacar que no transcurso da Conferencia, o alcalde de Vigo e candidato á reelección, Abel Caballero, será o Poñente Coordinador da primeira das catro comisións, sobre “Municipios Sociales, Solidarios e Saudables”, que se celebrará o sábado ás 11.30 h.
Tamén que a alcaldesa da Coruña e candidata a ser reelixida, Inés Rey, intervirá o sábado ás 19.00h no segundo dos diálogos, sobre a “Muller e Poder Local”. Este será moderado pola Ministra Portavoz e de Política Territorial, Isabel Rodríguez, e contará, entre outras, coa alcaldesa de París, Anne Hidalgo.