Eduardo Ojea alerta de que o rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia leva “5 anos colapsado” nunha Comunidade Autónoma que precisa un plan de choque para facer 20.000 vivendas de protección oficial
O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que faga públicos os datos de execución orzamentaria do Pacto de Vivenda de Galicia 2021 – 2025. O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Eduardo Ojea, presentou esta iniciativa para reclamarlle ao goberno galego que presente as vivendas construídas realmente dentro deste Pacto.
O responsable socialista alerta de que a Xunta se ten preocupado de quitar do Pacto “aspectos e valores concretos”, impedindo avaliar o cumprimento dos seus obxectivos. Ademais, a día de hoxe non hai seguimento do cumprimento dos orzamentos, o que “impide facer unha análise correcta das actuacións concretas e logros acadados en cada un dos programas e accións” do Pacto.
Deste xeito é imposible, dixo, saber ata que punto se cumpriu o obxectivo do goberno galego, que pretendía construír 2.293 vivendas no ano 2022, cando segundo os datos do goberno central, a Xunta tan só rematou 468 vivendas de protección no que vai de Lexislatura.
Ojea sinalou que estas cifras quedan moi lonxe das 20.000 vivendas de protección oficial que o mercado da vivenda de Galicia necesita de maneira urxente, segundo a federación de empresas inmobiliarias. Alertou de que o rexistro único de Demandantes de Vivenda leva máis de 5 anos colapsado pola falla de oferta para as máis de 15.000 persoas en lista de espera.
Advertiu de que os prezos tanto da vivenda en propiedade como en alugueiro continúan á alza, cando os galegos e as galegas teñen que destinar o 30 por cento dos seus ingresos á vivenda e o 9 por cento dos inquilinos non poden asumir o pago da súa renda.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a presentar, antes de que remate o ano 2023, un informe no que se detallen: