Denuncia a “perda exponencial de pequenos establecementos” polas dificultades derivadas da desaceleración económica.
A parlamentaria socialista, Leticia Gallego, reclamou hoxe no Parlamento que o goberno galego asista e axude aos pequenos comercios e autónomos que atravesan por dificultades debido ao deterioro do contexto económico e que precisan de respaldo público.
As liñas de financiamento autonómico, que son o principal respaldo ao que poden acceder as asociacións e federacións de comerciantes, modificouse no ano 2022 facendo o réxime de concorrencia non competitiva e sumando o requirimento de “ter tres anos de antigüidade”, o que provoca unha gran dificultade aos comerciantes para optar a ela.
Gallego destaca a incapacidade dos establecementos locais para facerlle competencia ás grandes superficies e aos xigantes do comercio electrónico. Lembra que a Xunta segue na súa “continua inacción” fronte á desaparición do comercio de proximidade, que se ve obrigado a pechar debido á falta de liquidez.
A pandemia e a guerra de Ucraína derivaron nun deterioro do contexto económico, marcado polo incremento dos custes da enerxía e dos prezos de produtos de primeira necesidades, que segue tendo efectos sobre o despoboamento e peches de pequeños negocios no rural. E ante iso, a Xunta actúa como “mero espectador”, esgrimiu Gallego.
A tamén vicevoceira do Grupo do PSdeG sinala que no 2021 a Xunta animaba aos comercios para participar nas ordes de subvencións publicadas no Diario Oficial de Galicia, pero un ano despois están a comprobar como a multiplicidade de requisitos ou de condicións son máis estrictos, privando así a todos os establecementos con menos de tres anos de antigüedade de ter acceso ás axudas.
Ademáis, parte do tecido asociativo do sector atópase en desacordo co cambio de sistema na adxudicación das subvención de concorencia non competitiva, que non garantiza a posibilidade de optar ás liñas de financiamento público de todas as asociación e federacións de comerciantes.
A socialista fixo referencia ao informe de Unión de Traballadores Autónomos segundo o cal Galicia perdeu 2.700 pequenos negocios nos últimos anos, o que reflicte que, sinalou Leticia Gallego, “o comercio minorista está en crise”. Alertou de que se non se eliminan estes requisitos que imposibilitan a tantos comercios de proximidade moitas asociación e federacións de comerciantes desaparecerán.