O líder do PSdeG participa na manifestación central da Coruña xunto á alcaldesa, Inés Rey, e varios membros da dirección galega
A secretaria de Igualdade, Silvia Fraga insiste en loitar contra o “negacionismo” da da existencia de discriminación contra as mulleres con “máis feminismo”
O secretario xeral do PSdeG, reivindicou que todos os avances en materia de igualdade “levan a firma socialista” dende a marcha central do 8-M na cidade da Coruña, onde participou xunto á alcaldesa, Inés Rey, así como distintos representantes do PSdeG.
O número un dos socialistas galegos acudiu en representación do seu partido á marcha desta data destacada, na que aproveitou para exaltar “os grandes avances en materia de igualdade” resaltando o seu orgullo por que “neste país sempre foron deseñados e executados polo Partido Socialista”.
Entre os mesmos destacou que “tanto en lexislación igualitaria” entre homes e mulleres, ou na protección das vítimas de violencia de xénero, o seu partido estivo ao fronte para facer políticas que “marcan tendencia en Europa e ponnos á vangarda”.
Tamén remarcou a importancia da última lei aprobada polo goberno socialista, a chamada Lei de Paridade que garantirá a representación das mulleres nos órganos de decisión.
Á mobilización na Coruña tamén asistiu a secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, e insistiu en que “hai que poñer o foco en que siga habendo desigualdades”, xa que ante o aumento do “negacionismo” da existencia da discriminación contra as mulleres a receita que ofrece é “máis feminismo”. Por este motivo xustifica a asistencia dos socialistas para “reivindicar a posición que defenderemos sempre, que é a igualdade real entre mulleres e homes”.
Xunto a Valentín Formoso, Inés Rey e Silvia Fraga, na marcha do 8-M da cidade herculina participaron o secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, e outros membros do partido como a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, ou o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo.