Sinala que se non hai máis prazas MIR acreditadas “é porque non as pediron” e lembra que o concedeu goberno todas as que Galicia demandou
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, afeoulle hoxe ao conselleiro de Sanidade que logo de “pasar o día” protestando pola falla de MIR habilitados polo Estado, e despois de recibir a quinta convocatoria consecutiva máis alta da historia, deixan 100 prazas sen convocar. No debate dunha pregunta no Parlamento, constatou que as escusas “vólvense en contra” da Xunta e espetou “quo vadis, conselleiro?” -onde vai, conselleiro?-.
O responsable socialista e retrucoulle ao conselleiro que Galicia dispón de tódalas prazas de formación para médicos de familia que solicitaron, con máis do dobre das que foron habilitadas para outras comunidades autónomas. Engadiu que “non temos máis prazas MIR de atención primaria porque non as pediron”, e criticou que deixaran sen convocar 29 prazas de enfermaría familiar e comunitaria.
Advertiu que “hoxe non temos 180 médicos de atención primaria porque nos últimos dez anos non quixeron” convocar a súa formación. Ademais, este mesmo ano Galicia é a Comunidade Autónoma do Estado que deixou sen convocar máis porcentaxe de prazas MIR das que foran concedidas, renunciando a convocar prazas de formación en especialidades como saúde mental, oncoloxía, anestesia ou nas cirurxías.
Torrado desbotou as escusas do conselleiro de Sanidade, a quen criticou que estea “moi esforzado en botar os problemas fora” da súa xestión. Lembrou que levan meses responsabilizando ao Ministerio da falla de profesionais para logo renunciar aos MIR concedidos, sinalando aos concellos polos problemas nos centros de saúde, aos usuarios polo colapso das Urxencias, ou aos profesionais polos problemas na planificación dos recursos humanos por parte de Sanidade.