Cuestiona o “ínfimo” incremento de 7 millóns de euros nos Orzamentos da Xunta para o Comercio, mentres o goberno de España destinará 46 millóns adicionais ao sector en Galicia
A portavoz de Comercio do Grupo Socialista, Leticia Gallego, reclamoulle hoxe á Xunta que poña en marcha “verdadeiras axudas directas” para o sector do comercio. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento reivindicando apoio do goberno galego para un sector golpeado pola suba de prezos da luz e do gas.
Criticou que as axudas da Xunta son apenas “parches que chegan tarde”, e reclamou unha verdadeira liña de axudas directas que permitan cambiar o modelo de produción, mellorando entre outros aspectos a dixitalización dos locais e a formación dos propietarios”.
A responsable socialista alertou de que entre novembro e decembro van pechar as portas en torno a 300 comercios, e outros 400 negocios non poderán superar o primeiro trimestre de 2023 diante dunha alza de prezos que está castigar duramente ao sector.
Urxiu á Xunta que tome en serio axudar ao sector, e criticou que aumenten as partidas orzamentarias para Comercio en apenas 7 millóns de euros, chegando a uns escasos 25 millóns. Contrastou esta cifra co esforzo dedicado polo goberno de España, que destina aos comercios galegos preto de 46 millóns de euros, sumando 7,7 millóns de axudas e outros 38 millóns a través de bonos de dixitalización de Pemes, microempresas e autónomos.