O secretario xeral do PSdeG recordou que “os traballadores” aforrarán de media 46 euros ao ano mentres que “os millonarios” 4.400 euros
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou que Rueda lle dea “aos máis ricos” unha rebaixa de 4.400 euros, mentres que á “clase traballadora” concédelle unha “esmola” de 46 euros de rebaixa ao ano.
Dende Madrid, pola súa visita ao Congreso dos Deputados con motivo da tramitación da Lei de Pesca Sostible que atinxe ás traballadoras do mar galegas, o líder dos socialistas galegos fixo unha valoración da rebaixa fiscal anunciada hoxe polo presidente Rueda, que deflactará parte da suba inflacionaria no IRPF.
Ante o anuncio de Alfonso Rueda de que deflactará levemente o IRPF das rendas inferiores a 35.000 euros, Formoso sinalou que está a comprobarse que Rueda o que fai é “darlle máis aos ricos” cunha rebaixa do 50%, mentres que aos traballadores e traballadoras e á clase media, faille unha rebaixa do 4%.
A medida anunciada polo presidente da Xunta significará un aforro medio de 46 euros ao anos ás rentas inferiores a 35.000 euros, mentres que a través da bonificación do imposto de patrimonio fará que os 7.700 millonarios galegos deixen aforren 4.415 euros de media.
Formoso recordou ademais que os traballadores e traballadoras máis pobres xa están exentos de pagar o IRPF, polo que esta medida non pode axudar “aos que máis o necesitan” ante a actual crise de prezos, mentres que coas cartos que se perden coa rebaixa fiscal “aos millonarios” poderían facerse políticas sociais para axudar a estas persoas.
O PP está realizando unha política fiscal “para os millonarios”, sinalou Formoso en relación ao anuncio da semana pasada de que se bonificaría a metade do imposto de patrimonio que soamente o pagan os que teñen bens por valor de un millóns de euros ou máis, cunha media de 6 millóns de euros de patrimonio entre os que teñen que pagar este imposto.
A raíz disto, o secretario xeral do PSdeG amosou a súa preocupación polo “seguidismo” que Rueda está a facer de Ayuso e Feijóo, así como que esté “sometendo a Galicia” ao que diga a Comunidade de Madrid, polo que o seu goberno é “absolutamente indigno para os galegos e galegas”.
En canto a unha profunda e necesaria reforma fiscal no futuro, Valentín González Formoso subliñou que hai marxe suficiente para que haxa unha nova política fiscal en Galicia que sexa pensando “nos traballadores e traballadoras, non nas rendas altas”.