O vicevoceiro parlamentario, Julio Torrado, acusou ao presidente da Xunta de “facer seguidismo” de Madrid e velar polos “intereses electorais do PP” por diante dos de Galicia
O vicevoceiro parlamentario, Julio Torrado, lamentou a bonificación do imposto de patrimonio que beneficia ao 0,02% da poboación que anunciou a Xunta, que entende como unha rebaixa “aos máis ricos, aos amigos”. Do mesmo xeito, sinalou que Rueda é “un soldado do PP” e non o líder que precisa galego por facer “seguidismo” de Feijóo e Ayuso.
Julio Torrado, vicevoceiro parlamentario do PSdeG, lamentou a bonificación do imposto de patrimonio anunciada polo presidente da Xunta, tras o anuncio dunha rebaixa similar dos presidentes de Andalucía e da Rexión de Murcia, e que xa leva tempo instaurada na Comunidade de Madrid, polo que entende que non fai máis que aplicar as políticas que lle marcan dende o seu partido e discutiu a idoneidade dunha rebaixa aos que teñen un patrimonio superior a 1 millón de euros nun “momento de dificultades económicas a nivel global”, que tamén afecta a Galicia.
O tamén voceiro de sanidade no Parlamento de Galicia, considera que Galicia precisa agora mesmo “políticas decididas en defensa dos sectores produtivos e dos servizos públicos” nos que se están vendo “constantes carencias” en Galicia, non só no ámbito sanitario, senón “tamén na educación”, cun inicio de curso con menor número de docentes e con problemas denunciados cada semana no transporte escolar.
Julio Torrado presentou hai uns días varias propostas para mellorar o servicio sanitario que poderían levarse a cabo con eses cartos que o ente público galego vai a deixar de recibir, entre elas destacan o aumento do persoal sanitario e a mellora das súas condicións laborais do persoal sanitario, empregar as camas que deixaron pechadas no verán nos hospitais para aliviar as listas de espera de cirurxía ou tamén unha proposta “flexible” de poñer un límite obrigado de 2 días na atención primaria.
Destacou que o presidente da Xunta non fai nada máis que “o que sempre fixo o PP”, isto é facer políticas “para os ricos, para os amigos”, co agravante engadido de ser “o último da cola” do PP español. Sinalou que está a poñer diante “os intereses electorais do PP” dos intereses de Galicia, exemplificando coa “inacción” de Rueda ante o problema do veto europeo á pesca de arrastre, sobre o cal aínda non fixo nada.
Emprazou a Rueda a solucionar os problemas dos servizos públicos empregando como ferramenta unha “política fiscal propia para Galicia”, baseada nos principios de “xustiza e progresividade” e non unha que estea “marcada dende Madrid”. Seguindo a crítica á falta de liderado do presidente da Xunta e do PP galego, xa que considera que está “pregado ao que lle marcan dende fóra” e actualmente non está a ser un líder para Galicia, senón “un cheerleader” de Feijóo e as demais “baronías” do seu partido.