O líder dos socialistas galegos encabeza a delegación socialista na manifestación do 8M en Santiago
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou hoxe que “o feminismo é a forma de garantir e avanzar en dereitos, e o socialismo está co feminismo nese mesmo camiño”. Así o dixo na manifestación convocada con motivo do Día da Muller hoxe en Santiago, onde encabezou a delegación socialista, tras da pancarta “contra a mercantilización das mulleres, abolición”.
Salientou que “hoxe é un día importante para a sociedade e tamén para o socialismo, para reivindicar que en materia de dereitos e obxectivos reais de cara á igualdade de homes e mulleres non está todo conseguido nin moito menos”.
O líder dos socialistas galegos sinalou que “queda moito camiño por andar”, malia os “grandes avances grazas ás medidas adoptadas polo PSOE no ámbito do Estado”, polo que “hoxe toca seguir reivindicado”.