Censura que a Consellería de Sanidade faga “oídos xordos” ás peticións do persoal sanitario que chama a mellorar o servizo
A deputada socialista Noa Díaz urxiu, hoxe, ao Sergas a resolver o conflito do servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS unha vez que continúa a folga indefinida de todos os martes que é secundada pola maioría dos profesionais que forman parte do servizo.
“A ineficiente organización do servizo, os problemas de trato entre profesionais, as decisións desiguais sobre carga asistencial ou cirúrxica e o clima laboral en xeral contribúe pouco ás mellores condicións para os pacientes, polo que a situación necesita ser resolta”, sinalou Díaz.
Neste sentido, a dirixente socialista lamentou que a dirección do centro afrontase “con certa tibieza” a situación, xa que “só despois de moito tempo tras esta tensión existente se creou unha comisión para avaliar a situación e realizar un informe de conclusións e recomendacións”.
“O contido destas conclusións non é coñecido polos membros do servizo, pero a realidade é que tampouco provocou ningunha solución nin reacción nas direccións da Consellería de Sanidade, da área sanitaria nin do propio servicio”, incidiu.
Díaz, que levou ao Parlamento esta cuestión xunto ao voceiro de Sanidade, Julio Torrado, instou ao goberno galego que faga unha valoración da situación, informe sobre as conclusións do informe da comisión e explique que decisións prevé tomar para arranxar os problemas xurdidos no servizo.