A parlamentaria do PSdeG tamén reclama que se cubra a praza de traballadora social no centro de educación especial Saladino Cortizo, de Vigo, como demanda a comunidade educativa
A deputada socialista Leticia Gallego realizou esta mañá unha visita ao municipio de Redondela para poñer de manifesto a falta de planificación da Xunta de Galicia no eido sanitario. Acompaña da alcaldesa, Digna Rivas, Gallego incidiu en que esa ausencia de planificación provocou que “case ao longo de todo esta ano non se cubrisen cinco prazas de médicos de atención primaria no centro de saúde da localidade”, cos conseguintes prexuízos para a veciñanza do municipio e doutros concellos limítrofes.
Leticia Gallego explicou que esas cinco vacantes foron restablecidas recentemente, pero que “se trata de un mero parche” que non ofrece unha solución permanente a este problema. Neste contexto, a parlamentaria do PSdeG incidiu tamén en que os centros de saúde de Redondela e de Chapela, levan todo o ano sen xefe ou xefa de servizo, unha praza que lle esixiu ao Sergas que cubra canto antes.
“Dende a Xunta”, reivindicou Leticia Gallego, “teñen que facer políticas para que haxa unha verdadeira sanidade pública e de calidade e non meros parches como os que están facendo”. “Isto é”, denunciou, “unha falta de planificación total por parte do goberno de Feijoo”. A situación non se circunscribe unicamente a Redondela, xa que “hai problemas semellantes en boa parte dos municipios da provincia de Pontevedra e de Galicia”. “Isto demostra que a sanidade pública non é una prioridade para o goberno de Feijoo”, sentenciou Gallego.
De maneira complementaria, Leticia Gallego alertou de que a Xunta “xoga moito coa bo facer e a boa vontade dos médicos”, que ante as ausencias de compañeiros e compañeiros asumen ratios de pacientes moi elevadas e vense superados pola carga de traballo.
Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembrou que a falta de facultativos supón “unha merma dos dereitos da veciñanza, e máis nun contexto de pandemia”. Digna Rivas describiu os problemas que ocasionan “os parches da Xunta” en servizos como, por exemplo, o de pediatría. Neste caso, a falta dun facultativo obriga aos pacientes a desprazarse a Vigo para recibir atención, o que ademais provoca a saturación dos hospitais.
TRABALLADORA SOCIAL PARA O SALADINO CORTIZO DE VIGO
Por outra banda, Leticia Gallego tamén mantivo esta tarde unha xuntanza con pais e nais do centro de educación especial Saladino Cortizo, de Vigo.
No encontro, explicou que vén de presentar no Parlamento unha batería de iniciativas para instar a Xunta de Galicia a cubrir, “á maior brevidade posible”, a praza da traballadora social deste centro. Tras a xubilación da persoa que ocupaba este posto nos últimos anos, a dirección trasladoulles ás familias que ese praza non se vai ocupar.
Leticia Gallego comparte a reivindicación da comunidade educativa do Saladino Cortizo, que demanda este servizo “pola súa importancia no campo da educación e dos servizos do propio centro para os rapaces e rapazas en idade escolar”. Nesta liña, incidiu en que a traballadora social axúdalle a ter “unha formación de calidade ao alumnado, abarcando tódolos servizos básicos, de saúde, educativos, de ocio e de formación complementaria.
“A traballadora social do centro”, explicou Gallego, “é a engrenaxe deste sistema, a que detecta as eivas en primeiro lugar e se anticipa aos problemas para permitir unha saída ordenada aos mesmos e evitando sufrimento ao alumnado”. Por iso, “o Saladino Cortizo non pode quedar sen a figura da traballadora social”.
Neste contexto, Gallego lembra que o alumnado do centro está composto por 110 rapaces e rapazas que proceden de dezaseis concellos diferentes de todo o sur de Pontevedra e que a figura da traballadora social neste centro é “decisiva” e “un apoio para as familias”.
Ademais, tendo en conta a importancia da labor dun traballador ou traballadora social, Leticia Gallego considera que esta figura debería existir en tódolos centros públicos de educación especial de Galicia porque os “son unha figura clave nestes centros”.