O líder socialista comparte co presidente do goberno, Pedro Sánchez, os retos da reactivación e a importancia de desenvolver políticas inclusivas
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe na illa da Toxa á conferencia na que o presidente do goberno, Pedro Sánchez, defendeu a necesidade de enfrontar a reactivación con criterios de inclusión e xustiza social.
“O primeiro son as persoas”, subliñou Gonzalo Caballero, consciente das enormes diferencias que existen na forma de xestionar a saída da crise por parte do actual goberno de España e do executivo de Mariano Rajoy logo da gran recesión.
Ao fío desa aposta pola equidade, o voceiro socialista destacou que o presidente tamén manifestara o seu compromiso coa cohesión territorial. “A igualdade de oportunidades de todas as persoas, independentemente de onde vivan, está no ADN socialista”, recalcou.
Por iso, Gonzalo Caballero puxo en valor o compromiso do goberno progresista na loita contra a desigualdade ao tempo que reclamou á Xunta que enfronte tamén a reactivación co compromiso de “non deixar a ninguén atrás”.
De feito, Gonzalo Caballero salientou a importancia que teñen as políticas inclusivas que está poñendo en marcha o goberno de España para comunidades como Galicia, con rendas e salarios máis baixos que a media de España, e así llo trasladou ao presidente.