O coordinador da Interparlamentaria do PSdeG e senador Xoaquín Fernández Leiceaga, e o tamén senador por A Coruña Antonio Vázquez, mantiveron hoxe unha xuntanza coa alcaldesa de Betanzos, María Barral, para analizar as necesidades de infraestruturas do Concello que afectan ao goberno de España.
Nesta xuntanza trataron a petición do Concello para que o goberno de España lle transfira a titularidade da estrada N-VI ao paso por Betanzos, un asunto que neste momento está “sobre a mesa do Ministerio de Transportes”, explicou Fernández Leiceaga. Tamén se comprometeron a facer as xestións oportunas para tratar a petición de Betanzos da transferencia do edificio dos sindicatos.
Os dous senadores e a alcaldesa traballaron tamén sobre a posibilidade que abren os fondos Next Generation EU para o concellos, sinaladamente para o impulso á dixitalización, as axudas á rehabilitación de edificios e a transición enerxética.
Fernández Leiceaga e Antonio Vázquez mantiveron este encontro dentro dunha ronda de visitas que rematará cun encontro mañá mesmo coa alcaldesa da localidade veciña de Bergondo, a tamén socialista Alejandra Pérez.