O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, anunciou hoxe unha “vixilancia estreita” para garantir o cumprimento do procedemento completo lei de eutanasia por parte da Xunta. Puntualizou que este cumprimento “polo momento non se deu porque a Consellería de Sanidade aínda non nomeou á comisión reguladora” que supervisa os casos.
Lamentou que esta vixilancia por parte do PSdeG sexa “necesaria para garantir que se cumpra este dereito” mentres outros “se ven torpedeados polo goberno galego, como é o caso da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo”.
O responsable socialista cualificou como “descorazonador” que o presidente da Xunta “acepte a regañadentes o recoñecemento de novos dereitos e liberdades”, en alusión á presentación hoxe do protocolo do procedemento da eutanasia. Aféalle ao presidente da Xunta que compare a lei de eutanasia coa lei galega de morte digna, que “trata casos e supostos diferentes”.