O portavoz de Marisqueo e deputado de Arousa do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe o aprazamento da pregunta ao goberno sobre a situación da conserveira Thenaisie Provoté logo de que xurdiran novos compradores. A pregunta, incluída na orde do día de hoxe, tivo que ser aprazada logo de que o deputado socialista fora avisado unicamente 14 minutos antes de que comezara a sesión.
O responsable socialista sinalou que “agardemos que este desorde acabe nunha resposta positiva da Xunta e que se implique para resolver o problema da coñecida como Fábrica de Rons, facilitando algunha das solucións posibles para a venda da factoría”, que ten a planta conserveira en O Grove e a central loxística en Mos.
Sinalou que “a Xunta poderá agardar 15 días –ata a próxima sesión da Comisión de Pesca- para preparar un argumentario, pero as traballadoras non poden agardar todo ese tempo para coñecer o seu futuro”.