A Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que desbloquee as concentracións parcelarias, así como o desenvolvemento da Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia –Metaga-, paralizada dende o ano 2017.
O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou esta iniciativa, e sinalou que “no PP son responsables” do baixo aproveitamento das terras agrarias galegas, así como do abandono e infrautilización destas propiedades. Advertiu que a falla de impulso do goberno galego ten provocado que os traballos de concentración parcelaria tan só teñan adiantado un terzo da superficie prevista, con tan só 450.000 hectáreas concentradas.
Sinalou que o goberno galego ten bloqueado o desenvolvemento da Lei de Montes Veciñais en Man Común do goberno presidido polo socialista González Laxe, así como a Lei do Banco de Terras que aprobou o goberno presidido polo tamén socialista Emilio Pérez Touriño. Ademais, o goberno galego é o responsable tamén de ter paralizado a súa propia Lei Metaga, arpobada en 2015 e que ten sen desenvolve o regulamento dende o ano 2017.
Explicou que “as zonas agrarias produtivas de Galicia seguen necesitando incrementar a base territorial das explotacións para garantir a súa rendibilidade”, sinaladamente para parcelas que non son rendibles coas técnicas de cultivo actuais, e para as que a única ferramenta é a reestruturación parcelaria. Explicou que “ademais de reunir a propiedade en fincas de maior tamaño permite comprar ou arrendar parcelas de tamaño suficiente para facelas viables”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a: