O líder socialista aposta por “unha desescalada gradual” pero “avanzando cara a reactivación económica” tralos “duros datos” de desemprego que amosa a última EPA
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou “razoable” o avance na desescalada anunciado hoxe trala reunión do comité clínico galego, e respaldou que se siga en Galicia “o modelo asturiano”.
De feito, o líder dos socialistas galegos xa requiriu onte comezar a dar “pasos cara diante” e analizar a ampliación do horario de apertura de bares e cafeterías.
En concreto, chamou a analizar que a hostalería poida abrir ata a medianoite unha vez superado o estado de alarma, sempre con “protocolos e mecanismos de seguridade fronte ao virus”, do mesmo xeito que na comunidade veciña.
Trátase, como dixo, de traballar “nunha desescalada gradual” que permita “avanzar cara a reactivación económica”, porque “moitos cidadáns non chegan a fin de mes”.
“Despois de que a última EPA amosase en Galicia os peores datos de desemprego de España no primeiro trimestre do ano, temos que avanzar cara o modelo asturiano: combinar moita vacinación e moita sanidade pública cunha desescalada gradual”, concluíu Gonzalo Caballero.