. O portavoz de Saúde do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que “dialoguen e constrúan unha verdadeira reforma da Lei de Saúde que combata a pandemia e que sexa constitucional” en lugar de “seguir insultando e confrontando e seguir créndose que son os mellores”. Torrado presentou unha interpelación para pedirlle á Xunta retire os artigos suxeito de conflito constitucional co Estado e traballe para “solucionar problemas e non para provocalos”.
O parlamentario socialista emprazou ao goberno galego a “abrir unha vía bilateral co Estado” para “negociar a reforma da Lei de Saúde” antes de “agardar ao xogo da galiña” co goberno de España fronte ao Tribunal Constitucional ata que decida se a Lei é válida. Lembrou cando en febreiro alertaba de que a norma “non foi presentada para xestionar a pandemia”, senón, reiterou, para “investirse de poder absoluto e facerse a vítima cando se diga que a Lei non é viable”.
Torrado sinalou que a Lei “ten que ver coa vontade de confrontar” por canto logo de ser aprobada co voto exclusivo do PP “non resolveron nada sobre a pandemia” máis alá de provocar un conflito constitucional co Estado. Reclamou modificar as cuestións inviables e introducirlle mecanismos útiles para atallar a pandemia, construíndo por exemplo unha Axencia Galega da Saúde Pública, garantindo máis recursos e persoal, unha xestión participativa ou un regulamento sancionador.
Acusou ao goberno galego de “facer o xogo constantemente enfrontando”, como evidenciou o xiro de posición de Feijóo con respecto ao Estado de Alarma, pasando de aliñarse en maio con Torra e Ayuso contra a prórroga do Estado de Alarma, que en outubro era demoledor porque ía contra o Nadal e a Semana Santa, dicindo que había lexislación ordinaria suficiente para desescalar a, agora, pedir que se manteña o dito Estado de Alarma.
Preguntou “que Feijóo é o que minte, o de hoxe ou o de maio do ano pasado” e reclamou que expliquen “se están a favor ou en contra porque o consideran desproporcionado”, e advertiu que “a xente non está para frivolidades”.