Santiago, 9 de abril de 2021. A voceira de Igualdade do PSdeG no Parlamento galego, Noa Díaz, anunciou hoxe que levará ao Parlamento o acontecido onte no ‘Land Rober’ para que o director xeral da CRTVG informe sobre as ferramentas das que dispón a cadea pública para evitar situacións como as vividas onte no plató.
“É intolerable que nos tempos que corren se siga normalizando o acoso desta maneira e que dende unha cadea pública non exista un maior control sobre este tipo de situacións nas que se pretende buscar ‘finais felices’ a ‘historias románticas’, perpetuando deste xeito o concepto de amor romántico, hoxe máis que superado por razóns evidentes”, subliñaron a vicesecretaria xeral de Igualdade do PSdeG, Icía García, e a voceira de Igualdade do PSdeG no Parlamento galego, Noa Díaz.
“Agardamos que a CRTVG tome cartas neste asunto e non consinta que este tipo de situacións se volvan producir”, remarcaron, conscientes de que “os medios públicos deben educar e formar en valores; non todo serve no entretemento”.