A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta repita a concesión do Salón Peña de Cambados a favor do Concello “en termos equiparables á recentemente terminada e polo máximo tempo posible”. O responsable socialista apelou á xuntanza prevista para a próxima semana entre o Concello, Portos e a Conselleira de Pesca para pechar un “acordo realista”.
Torrado lembrou que foi o Concello que “restaurou e deulle vida” ás antigas instalacións de Conservas Peña, situadas en terreo portuario, para utilizalo como infraestruturas de desenvolvemento social, cultural e asociativo. Sinalou que “cando o espazo non era útil Portos cede, pero cando os gobernos locais de tódalas cores fan o traballo de reformalo e pasa a ser útil xa o quere”.
Sinalou que as reunións entre as administracións deben agora “definir o plantexamento dos acordos, pero na liña de que o Salón sega a ser utilizado polo Concello e para usos do Concello”. Por iso acordou unha transacción cos restantes grupos parlamentarios precisando o uso “polo Concello de Cambados para a dinamización social coa realización de actividades e eventos de xeral interese para o municipio e a cidadanía”.
Viais portuarios
Ademais, a iniciativa aprobada hoxe inclúe pedirlle á Xunta “facilitar ao máximo posible a tramitación do procedemento para a reversión dos terreos portuarios de interacción porto – vila”, aludindo aos viais que a pesares de ser aínda titularidade de Portos xa non son empregados para a actividade portuaria, senón que están dentro do uso cotiá da vila.
Puxo como exemplo o Paseo da Calzada, onde se celebra a festa do Albariño, que apenas está a 15 metros da Casa do Concello pero que é titularidade de Portos. Sinalou que aínda que “aí non entra nada que teña que ver co Porto nin coa actividade marítmo – pesqueira, para ser utilizado ten que ser solicitado, pagado e quedar a expensas do que decida Portos, malia que quen o mantén é o Concello, co que “Portos cobra todo, pero só gasta a metade”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
“O Parlamento de Galicia insta ao goberno da Xunta de Galicia a: