Santiago, 20 de febreiro de 2021. O PSdeG rexeita o ataque contra a vicepresidenta primeira do goberno de España, Carmen Calvo, logo de que esta mañá aparecera unha muñeca coa súa cara colgada nunha praza de Santiago de Compostela.
“Nunha sociedade democrática, a violencia e as ameazas non teñen cabida”, subliñan os e as socialistas de Galicia.
“Rexeitamos os actos contra a tolerancia e o respecto”, recalca o PSdeG despois de que o secretario xeral, Gonzalo Caballero, trasladara á vicepresidenta “todo o apoio dos e das socialistas de Galicia”.