O secretario xeral mantén unha xuntanza de traballo coa alcaldesa para abordar as necesidades do concello no plano dos servizos sociais e do desenvolvemento económico
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Castro Caldelas para abordar coa alcaldesa, Sara Inés Vega, as necesidades dun municipio que forma parte da rede dos Pobos Máis Bonitos de España.
Ao termo, Gonzalo Caballero amosou o seu “compromiso” con esta vila e sinalou que a Xunta ten que actuar no plano dos servizos sociais e do desenvolvemento económico.
Así, urxiu o acondicionamento do centro de saúde, así como a posta en marcha dun plan de mellora dos camiños complementaria á concentración parcelaria e avanzar no estudio do proxecto termal.
Ademais, o líder do PSdeG incidiu na necesidade de levar adiante o proxecto de eficiencia enerxética e o estudo da reforma do tráfico na vila, e avanzou iniciativas parlamentarias para apoiar o desenvolvemento de Castro Caldelas.
Nesta xuntanza tamén participaron o secretario provincial do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, e do deputado ourensán Juan Carlos Francisco.