A parlamentaria socialista Noa Díaz acusou hoxe ao presidente da Xunta de “ningunear a Compostela” nos Orzamentos da Xunta para o próximo ano, nos que “Feijóo esquece á capital de Galicia e demostra o pouco interese que ten pola cidade”.
A responsable socialista sinala que o proxecto de Orzamentos para o ano 2021 “unicamente incorpora o remate da Estación Intermodal, que xa estaba prevista, así como a pasarela peonil da Intermodal, e absolutamente nada mais”.
A parlamentaria compostelá advertiu ademais que a optimización do Monte do Gozo, que incorporan estas contas, ven arrastrada do Orzamento actualmente en vigor, mentres engade “algunha actuación máis en hospitais da cidade que non concreta”.