O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha moción do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que garanta a estabilidade laboral na sanidade pública. O portavoz de Sanidade do PSdeG, Julio Torrado, presentou esta iniciativa na que advertiu que o Sergas tense convertido na “principal ETT de Galicia”, situando a temporalidade nun 30 por cento, segundo sinalou un membro do Comité Clínico na Comisión de Reconstrución desta semana, que chega ao 40 por cento en Enfermería.
Torrado explicou que o Sergas ten hoxe 1.162 profesionais contratados menos en Atención Primaria dos que contaba en 2009, de acordo cos orzamentos da Xunta, evidenciando un problema grave de déficit e precariedade laboral. A situación, dixo, leva a que a inspección laboral ten notificado ata en 4 ocasións cotizacións irregulares na Eoxi de Ourense, algunha delas precisamente baixo a dirección do actual conselleiro.
Explicou que as elevadas taxas de eventualidade na sanidade pública, que no caso da Enfermaría pode chegar ao 40 por cento, e “un problema de vontade política, porque o Goberno quere”, como demostra que destinen 400 millóns de euros cada ano a pagar estes contratos eventuais. Alertou de que esta situación deteriora a calidade asistencial por canto “aténdenos xente que vive en permanente tensión ante un sistema que alimenta o queime laboral dos profesionais”.
Torrado sinalou que a política laboral do goberno galego obriga aos profesionais a “cambiar día a día de servizo” con contratos temporais que impiden que os traballadores saiban onde e por canto tempo serán contratados. Sinalou “como andará o sistema sanitario cando lle chaman estabilidade a contratos de apenas 4 meses”, e puxo como exemplo o caso de enfermeiras contratadas apenas un mes para cubrir baixas de 3 meses.
O responsable socialista explicou ademais que esta estratexia permítelle ao goberno galego anunciar 750 novos contratos de enfermería que en realidade “non é máis que anunciar a renovación dos contratos precarios que corresponden ao mes de novembro”.
O mesmo sistema, dixo, que mantén aos investigadores das asociacións biomédicas sen convenio laboral, logo de perder un 11,5 por cento de investimento en 2 anos, sometendo aos investigadores galegos a unha situación de precariedade inasumible. Precisamente, dixo, cando “coñecemos a importancia da investigación” ao día seguinte de ser coñecida a dispoñibilidade da vacina fronte ao coronavirus.
MIR
O acordo aprobado hoxe inclúe a supresión da taxa de reposición, que tanto PP como BNG rexeitaron nun primeiro debate no Congreso recentemente, e convocar tódalas prazas MIR habilitadas para o sistema sanitario público de Galicia. Este apartado incorpora precisamente unha emenda presentada polo PP aludindo aos acordos do Consello interterritorial do SNS do 28 de abril de 2018, no que lle “pintaron a cara ao goberno de Rajoy.
Daquela acordaron axilizar a flexibilizar as acreditacións de unidades docentes que o PP tiña paralizado dende o Goberno. Ata aquel momento, dixo, as convocatorias MIR “foron un problema porque Rajoy as meteu nun caixón, e o goberno –de Pedro Sánchez- a continuación convocou o MIR máis grande da historia”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a: