O colectivo LGTBI ao longo da súa historia foi avanzando en dereitos igualdade. En 70 países pertencentes á ONU, ás persoas LGTBI seguen sendo perseguidas e consideradas culpables de un delito. É tal a situación, que na actualidade atopámonos coa polémica campaña en Marrocos para atopar a identidade de numerosos gays. Dita campaña iniciouse para mostrar “a hipocrisía” da sociedade marroquí, sacando forzosamente do armario a homes gays. Este suceso supuxo que moitos de estes homes sexan perseguidos, xa que en Marrocos ser gay é ilegal.
O número de asasinatos a persoas transexuais en todo o mundo son desalentadores; os datos que proporciona a organización Transgender Europe mostra que máis de 3500 en 11 anos.
En só 4 países prohíbense as terapias de reversión, “de curación da homosexualidade”. Na actualidade, en España non están prohibidas a nivel estatal, pero lévase tempo traballando para que sí o sexan. Non obstante, existen CCAA que sí o prohiben nas súas leis LGTBI.
No noso país, tendo garantidos os nosos dereitos legalmente, seguímonos atopando situacións de LGTBIfobia. O confinamento que nos tocou vivir en España e en todo o mundo, non dou tregua a que as persoas LGTBI sufriran máis situacións ou actos de homofobia. Atopámonos con moitas persoas LGTBI que teñen que volver meterse no armario por que convivir encerradas con familiares que non os aceptan. Atopamos tamén casos nas redes, como o de un rapaz que mentres transmitía en directo en Instagram explicando que era gay, outro lle propina un listaxe de insultos homófobos e criminais.
Esta é unha pequena mostra, pero ao longo do noso día tódalas persoas LGTBI sufrimos “microhomofobia”. Comportamentos ou comentarios sutís e aparentemente inocentes, pero que nos discriminan. Por exemplo: Non a tódalas mulleres lesbianas lles gustan todas as mulleres. En moitos núcleos familiares presentan á túa parexa como amiga e non como a túa parexa. Miradas indiscretas si vas da man coa túa parexa. Mulleres lesbianas que na consulta xinecolóxica dan por feito que as súas relacións sexuais son heterosexuais. Cando a unha persoa LGTBI lle din “pois non se che nota nada”. Cando che preguntan “como dúas rapazas podedes ter relacións sexuais?, quen fai de home?”. É unha lesbiana “moi feminina”. Ou o clásico “non me gustaría que o meu fillo ou filla fose LGTBI porque a vida sería moito máis dura para él ou para ela”. Sen esquecerse que en moitos traballos ocúltase a parexa para non ser discriminado ou discriminada.
Hoxe, Día Internacional Contra a LGTBIfobia queremos manifestar e reivindicar dende o PSdeG que:
– Queremos amosar o noso apoio a tódalas persoas LGTBI que son perseguidas e obxeto de delitos de odio por ser quenes son.
– Traballamos e traballaremos, tanto no seno da nosa organización como nas institucións públicas, tanto nas que gobernamos ou somos oposición, que se fagan campañas de sensibilización.
– Traballamos e seguiremos traballando para lograr a supresión legal das terapias de reversión ou conversión.
– O Goberno de España seguirá traballando e fomentando o asilo e refuxio a persoas LGTBI perseguidas nos seus países. Axudando no que sexa posible para que moitos estados acaben coa violencia sufrida polas persoas LGTBI.
– Seguiremos traballando nos centros educativos, co persoal das institucións públicas a todos os niveis administrativos, así como en centros de maiores, a formación sobre a diversidade sexual.