O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, urxiu hoxe a contratación de máis persoal para as residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional, así como o cumprimento estricto dos protocolos para impedir contaxios de coronavirus. Os socialistas trasladan a súa colaboración á Xunta pero solicitan información máis precisa sobre as residencias de maiores.
Ante a “preocupante” situación das residencias, nomeadamente nos casos de Vigo e Celanova, onde hai decenas de contaxiados, Julio Torrado sinalou que hai que tomar todas as medidas para garantir que non se sigan producindo contaxios masivos.
“Hai que mellorar en termos de persoal”, incidiu o socialista, quen sinalou que na última década Galicia perdeu un 7% dos traballadores de residencias.
Por iso, no que atinxe ás residencias integradas, Julio Torrado pediu que se expoñan os plan e accións da Xunta para por en funcionamento os centros de Baños de Molgas e Santiago. A Xunta anunciou a contratación de persoal pero se está desprazando a persoal de concellos como Cuntis e Cambados ata Baños de Molgas, o que pode implicar traslados de máis de 100 quilómetros para os traballadores. O PSdeG solicita á Xunta que explique a configuración do cuadro de persoal dos novos centros integrados.
“Temos que fortalecer o sistema de protección social para os nosos maiores”, recalcou o deputado do PSdeG, partidario de contratar máis traballadores como e establecer incentivos como línea prioritaria en vez de “priorizar a mobilidade forzosa do persoal que fai servizos sociais noutros concellos, que quedan desatendidos” cara as residencias integrais. Comprendemos que o prioritario é urxente e aí colaboraremos, pero a contratación extra de persoal é vital.