A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez reclamoulle hoxe ao goberno galego unha liña de axudas directas, créditos preferentes e redución da carga tributaria para os agricultores afectados polas treboadas da pasada madrugada no sur de Ourense.
A parlamentaria socialista estreouse no seu primeiro día como deputada anunciando unha ofensiva parlamentaria cunha serie de iniciativas para reclamarlle ao goberno galego unha avaliación urxente dos danos provocados polas treboadas, tanto en hortas como explotacións gandeiras e vivendas, co obxectivo de habilitar as axudas necesarias.
Sinala que a situación meteorolóxica provocou “graves danos na horta e denominación de orixe de viño de Monterrei e Valdeoras”, afectando sinaladamente aos viñedos e explotacións agrogandeiras dos concellos de Valdeorras e O Bolo.
Advirte que as superficie danada podería ser de máis de 300 hectáreas de viñedo e unha cifra igualmente elevada de cultivos de horta, o que “require dunha actuación urxente da Administración para paliar os danos que “poñen en perigo a supervivencia dun sector económico estratéxico e representativo de Galicia”.