A ourensá Carmen Rodríguez Dacosta é dende hoxe nova deputada do Parlamento de Galicia logo de prometer a acta en substitución de Raúl Fernández, falecido o pasado 20 de xuño. A nova parlamentaria -Ourense, 1969-, é licenciada en Dereito e técnica en Prevención de Riscos Laborais.
É asesora xurídica de UGT Galicia dende 1996, foi formadora en cursos de administración, xestión e documentación de empresas entre 1994 e 1995, foi delegada de persoal da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009, delegada de persoal e recursos humanos no Concello de Ourense entre 2009 e 2013, directora xeral de Persoal e Recursos Humanos no mesmo Concello entre 2013 e 2015, e concelleira entre 2015 e 2019.