A portavoz socialista de lingua, Concepción Burgo, cualificou de “decepcionante” o programa de dinamización lingüística da xunta. Así o dixo na comparecencia en Comisión do Secretario xeral de política lingüística, sobre o plan de dinamización da lingua na mocidade, polo que “levamos esperando máis de cinco anos e o cal está por formado por decenas de páxinas que non din nada”, dixo Burgo.
Burgo sinalou que o plan “non di nin onde se atopan as causas do problema e nin a razón pola que a presencia do galego na educación infantil é inexistente”. Lembrou que “os nenos chegan aos 6 anos sen falar ou coñecer o galego” e acusou á Xunta de “ignorar ao Consello da Cultura Galega e a RAG cando din que o retroceso do galego atópase entre os 0 e 6 anos”.
Sinalou que no Plan non se atopa “ningunha diagnose da situación para poder atacar os problemas” e advertiu que “non se pode actuar sobre unha realidade que non se coñece”. Recalcoulle que non existe ningunha análise “nin sociolingüística, nin variables para poder facela, nin diferenciación entre o ámbito rural e urbano, a pesar das diferencias existentes entre ambos ámbitos”.
Lembrou que o Plan está formado “por medidas xerais e concretas xa expostas no Plan Xeral de 2004” e advertiulle ao goberno galego que non pode promover un Plan “con datos de fai máis de 11 anos cando a realidade de 2008 é moi distinta que nos atopamos agora”. Sinalou que no documento “atópanse as fortalezas e debilidades do Plan xeral de 2004, así como cifras parciais que non din nada novo”.
A representante socialista sinalou que “perdemos anos e anos esperando por un Plan que non di nada novo cando o Plan xeral ten medidas moito máis concretas que este”. Amosou a falta de “criterios de avaliación” do Plan e acusou á Xunta de promover un Plan “que non é máis que publicidade e propaganda”.