O Barco de Valdeorras, 10 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, elixiu O Barco de Valdeorras para iniciar a primeira xornada da campaña de cara ás vindeiras eleccións municipais.
E o fixo en compañía dun “alcalde de referencia” como é Alfredo García, para denunciar que Feijóo “esqueceuse” dos concellos e da importancia da política municipal e do medio rural durante o seu mandato á fronte da Xunta.
“Queremos municipios de progreso fronte á incompetencia de Feijóo”, reclamou o líder dos socialistas galegos, para prognosticar que o PP levará un novo “batacazo” nas urnas o vindeiro día 26.
Antes de desprazarse ata A Rúa, Gonzalo Caballero recordou tamén que nesa data haberá eleccións europeas, polo que pediu o voto tamén para o PSOE nesa cita. “Para que o progreso siga adiante”, demandou.