O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe que o goberno de Rajoy deixou sen executar o 54 por cento dos orzamentos de Fomento para Galicia e o 60 por cento das partidas destinadas ao AVE. Así o dixo nunha pregunta oral na sesión de control ao goberno galego celebrada hoxe no Pleno do Parlamento, no que remitiu os datos publicados pola Intervención Xeral do Estado.
O responsable socialista constatou que “cando en España goberna o PP e en Galicia goberna o PP, a Galicia vaille mal”, ao deixar no caixón a maior parte das cifras que “pintan” nos Orzamentos Xerais do Estado e “malia ás alharacas dos responsables do PP cualificando os Presupostos como os da recuperación ou gabarse do suposto maior investimento da historia”.
Puntualizou que de nada serven os adxectivos cando a realidade é que orzamentan actuacións por un importe de 3.250 millóns de euros entre 2015 e 2017 pero só executan 1.521 –o 46,8 por cento-, e dos 1.986 millóns en obras do Adif para o AVE a Galicia figuran 1.980 millóns de euros pero só invisten 810 -o 40,82 por cento-. Álvarez apostillou que “o compromiso do PP con Galicia vale como moito o 50 por cento do que din as súas palabras”.