O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, presentou esta mañá en Comisión Parlamentaria unha iniciativa para instar a Xunta a aumentar a inversión en I+D+i no sector turístico. A proposta, que foi aprobada por unanimidade, pretendía impulsar a competitividade no sector e adaptalo aos retos actuais do turismo galego, español e internacional.
O parlamentario socialista defendeu a importancia de manterse competitivos nun sector que “representa para Galicia o 11% do noso PIB e xera o 12% do emprego” e manifestou que “é irrenunciable facer unha aposta decidida para aproveitar a grande potencialidade do sector e lograr así un desenvolvemento económico máis estable e con capacidade de xerar emprego de calidade no eido turístico”.
O deputado socialista recordou que “a investigación é o motor de progreso e avance” pois “axúdanos a realizar unha análise da situación na que nos atopamos e propoñer novas alternativas”. No caso do turismo estes cambios vense na forma de viaxar, no tipo de aloxamento ou de experiencia e por iso investigar vólvese imprescindible investigar.
Co Plan de Turismo de Galicia 2020 a piques de rematar, o responsable socialista sinalou a necesidade de traballar cara un novo que teña presente tanto o inmediato Xacobeo como os que quedan por vir. Neste novo escenario, compre “favorecer a incorporación nas empresas turísticas das TICs”, pois os viaxeiros e viaxeiras cada vez buscan mais a oferta de novos os servizos, como os que se levan dende un smartphone ou dende unha tablet.
Falou tamén da importancia do marketing dixital en novos espazos como as redes sociais, o cal debe de ser un complemento importante aos métodos de promoción tradicional como ferías e anuncios nos medios de comunicación tradicionais.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: