O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, cuestionou esta mañá na comparecencia do Conselleiro de Facenda o acordo firmado con CCOO e UGT, ao que lle ve “moitas sombras” e “carente dunha convencida capacidade de negociación colectiva”. Tamén rebaixou o triunfalismo do conselleiro ao afirmar que “o que foi histórico foi o destrozo de Feijoo ao sector público galego”.
O deputado socialista falou de que este acordo nace froito dunha “presión social” que “obriga ao goberno de Feijoo a rectificar novamente” , igual que coma nos casos da xustiza ou dos axentes forestais, a súa política de adelgazamento que buscaba que o sector pública ocupase unicamente o 38% do PIB, un 5% menos que a media europea.
O parlamentario socialista falou das “sombras” dun acordo que componse maioritariamente de “normativa básica” e con “carece de compromiso claro en cuestións clave” coma por exemplo no ámbito da xornada de traballo e a conciliación onde se fala de “posibles novos acordos” ou nos fondos adicionais, os cales non teñen concretado onde se van destinar.
Díaz Villoslada explicou que se os funcionarios van ver mellorada a súa situación é grazas ao Decreto aprobado polo goberno de Pedro Sánchez que supuxo unha subida dos salarios, poñendo fin as políticas levadas a cabo dende o ano 2012 polo goberno de Rajoy, as cales tiveron en Galicia o maior recorte ao salario do emprego público.
O representante socialista criticou a forma “orweliana” na que a Xunta fala neste acordo dos recortes sufridos polos funcionarios pois falase de que os “funcionarios axudaron a cadrar as contas” e esta forma de falar pode “levar a erros” pois na realidade “o persoal autonómico sufriu os recortes” de forma “clara e evidente”
O portavoz socialista aclarou que as organizacións sindicais teñen os seus argumentos pero que lamentablemente o acordo non era o suficientemente amplo como para afrontar cuestións moi relevantes da carreira funcionarial, ao non ter a lexitimidade suficiente.