A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, cualificou hoxe de “deslealdade e canallada” cara ás familias o retraso de 3 anos por parte da Xunta na construción do novo centro de atención para persoas con diversidade funcional de Ourense. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei en Comisión para urxir a licitación da obra antes do próximo mes de maio, que foi aprobada hoxe por unanimidade.
A responsable socialista advertiu que mentres o goberno galego demostraba o seu desleixo cara este proxecto, no pasado mes de decembro era a Fundación San Rosendo a que anunciaba a construción dun centro privado destas características na comarca de Ourense. Lembra que o presidente de honra da dita Fundación é Benigno Moure, que estivo na cadea por roubarlle 600.000 euros a unha anciá enferma de alzheimer.
Blanco advirte que a Xunta xa ten orzamentado para a construción do centro un total de 750.000 euros en 2017, 300.000 en 2018 e de novo 600.000 euros para 2019, “o mesmo que gastan en limpar a Cidade da Cultura”, malia o que non foron executados en ningún caso. Ademais, cada ano, sinalou, os socialista reclaman nas emendas aos orzamentos unha partida de máis de un millón de euros adicionais para esta obra, que é reiteradamente rexeitada polo PP.
O resultado é que hoxe Ourense é a única das catro provincias galega que carece dun centro de atención para persoas diversidade funcional, polo que ao cumprir os 21 anos teñen que saír do centro de Velle e os pais teñen que optar por separarse centos de quilómetros dos seus fillos e fillas para que sexan atendidos nun cento público ou recluílos nos seus fogares.
Apunta que a crónica deste servizo constitúe “unha historia que sangra inxustiza e está plagada de mentiras e falsas promesas”, dende a constitución dunha Plataforma veciñal en 2016, que acadou un acordo de todas as forzas políticas para comezar a construír o centro en 2017, pero en xaneiro de 2019 “nin sequera está licitado o proxecto”.
Paralelamente, a Consellería de Política Social presentaba un borrador de proxecto rachando cos compromisos adquiridos, reducindo o número de prazas e renunciando a un centro terapéutico, que foi rexeitado pola cidadanía, co que a Xunta reiniciou o proceso e adiouno outro ano e medio.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: