Poñemos en marcha unha serie de xornadas organizadas pola Escola de Formación Ceferino Díaz adicadas á formación da militancia.
ESCOLA DE VERÁN: GOBERNOS PARA O PROGRESO
A xornada celebrarase o sábado 6 de xullo na Casa das Asociacións de Cornes en Santiago de Compostela de 10.30 á 14.00 e de 16:00 á 18:30 cos seguintes contidos:
Se estás interesado/a en participar, podes confirmar a túa asistencia cubrindo seguinte formulario on line:
XORNADA: CLAVES PARA A COMUNICACIÓN ORAL
A xornada celebrouse o sábado 23 de febreiro na sede do PSdeG Santiago de Compostela (Rúa do Pino 1-9 baixo) de 10.30 á 14.00 e de 15:30 á 18:30 cos seguintes contidos:
Relatora: Mª Xosé Porteiro
Contidos:
- Presentación do traballo a realizar durante o curso.
- Entrega dos materiais que se aportan.
- Identificación d*s participantes. Auto presentación.
- Análise dos seus perfís comunicacionais.
- Coloquio.
- Métodos para:
- Xestionar e superar o medo.
- Manexo axeitado da escoita.
- Conectar coa audiencia.
- Fundamentos da comunicación non verbal.
- Como elaborar o discurso.
- Expresar, argumentar e debater.
- Recursos para a improvisación
- Exercicio práctico.
- Revisión do aprendido.
Se estás interesado/a en participar, podes enviar esteFormulario inscrición Escola de Formación CD – Claves para a comunicación oral ao seguinte enderezo electrónico: escolaceferinodiaz@
XORNADA: BOAS PRÁCTICAS EN REDES SOCIAIS
A xornada celebrouse o sábado 2 de febreiro na sede do PSdeG Santiago de Compostela (Rúa do Pino 1-9 baixo) de 10.30 á 14.30 cos seguintes contidos:
Relatora: Pilar Muíños
Contidos:
Introdución
- Por que a necesidade deste curso? A actitude militante nas redes sociais
O código ético do PSOE en redes sociais
- Novo Regulamento de desenvolvemento dos Estatutos Federais aprobados en 39º Congreso (aprobado no 17 de febreiro de 2018)
- Artigo 429. Do Código de comportamento e boas prácticas para actuar en redes sociais.
Pautas xerais
- Os nosos perfís: persoal ou de agrupación
A nosa casa
- Web
- Blog
Facebook, Twitter, Instagram
- Carácterísticas principais de cada rede
- Mensaxes, usuarios, materiais
Outras redes?
- Youtube, Pinterest…
A estratexia
- Cuestións básicas a ter en conta á hora de planificar unha estratexia básica en redes sociais
- Planificación
- Improvisación
Cómo amplificamos a información que transmitimos en redes?
- Telegram
Cómo conseguimos contidos para difundir?
- Feedly
Se estás interesado/a en participar, podes enviar este formulario inscrición Escola de Formación CD – Boas prácticas en redes sociais ao seguinte enderezo electrónico: escolaceferinodiaz@
XORNADA: A RELACIÓN COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
A xornada celebrouse o sábado 19 de xaneiro na Agrupación Socialista de Santiago de Compostela (Rúa Ramón Cabanillas 6-D Entrechán D) de 10.30 á 14.30 cos seguintes contidos:
Relatora: Noa Díaz
Contidos:
Introdución
- Por que a necesidade deste curso? Autocrítica acerca das nosas actitudes cos medios de comunicación e crítica sobre o papel destes
Relacións de confianza: como, cando, quen e por que
- O xornalista como profesional que informa. As presións. As relacións de confianza mal entendidas. Cando debemos acudir a eles e cando non.
A rutina dos medios
- Como traballan, cales son os seus horarios, que medios empregan para chegar ás fontes. A proactividade do informador. A proactividade do medio. Que non debemos facer
Xogando coas 5 W’s
O que. A mensaxe. Que queremos comunicar?
- Temos unha mensaxe clara? Terá consecuencias? Témolas previstas?
O como. Nota de prensa? Rolda de prensa? Tribuna? Almorzo informativo?
- Primeiro pensar no qué; logo, eliximos o formato.Como presentarse/organizar unha rolda (quen intervén, como, escenografía, mensaxe, tempos…), como elaborar unha nota de prensa (5 Ws, extensión, formato…) e outras fórmulas informativas…
O cando. A oportunidade de informar
- É agora o momento para comunicala ou é preferible agardar un tempo?
O onde. Os espazos
- O continente, fundamental
O quen. Os protagonistas
- Nós como fonte de información. Fórmulas de atribución de fontes: directa, reservada e off the record
Pequenos apuntamentos sobre os medios audiovisuais
- Cuestións básicas a ter en conta á horade comportarse ante unha cámara ou micrófono en intervención acordada ou improvisada
Pequenos apuntamentos sobre os espazos virtuais
- Breves cuestións a ter en conta á hora de informar nas redes sociais
Dúbidas e experiencias reais
- Tratamento práctico de casos reais que se resolverán entre todas as persoas asistentes
Se estás interesado/a en participar, podes enviar este formulario cuberto ao seguinte enderezo electrónico: escolaceferinodiaz@
XORNADA: CONSTRUÍR O/A CANDIDATO/A
Título: “Construír o Candidato/a Electoral. Aspectos non discursivos na Comunicación Política”
Relator: Iván Puentes.
Contidos:
- Aspectos que inciden na imaxe e percepción da cidadanía con respecto ao candidato/a e condicionan o voto.
- Elementos non racionais que teñen que ver coa comunicación non verbal
- Aprender a xestionar os aspectos alonxados da comunicación tradicional que poden determinar o éxito ou o fracaso dunha campaña electoral
- Efecto multiplicador das posibilidades dun bo resultado electoral
Título: “Os Valores Socialistas aplicados no ámbito municipal”.
Relator: Carlos Raya de Blas.
Contidos:
- A xeneración dun discurso de valores.¿Qué valores? ¿Por qué os valores?
- Os valores socialistas como fortaleza dialéctica.
- Necesidades dos cidadáns: A escoita creativa.
- Necesidades e valores socialistas: O proxecto
- Discurso dun servidor do Pobo. Recensión práctica.
Título: “A Retórica e a práctica no discurso”
Relator: Loís Fermín Rodríguez Vázquez.
Contidos:
- Qué é a retórica?.A retórica na historia.
- Elementos do discurso: Que imos dicir ? De que imos falar?.
- Establecemento dos contidos do discurso. Como imos organizar os contidos?.
- Estrutura bipartita. Estrutura tripartita.